PROGRAMA DA FEIRA DE ARTESANÍA 2026
Celebramos a Feira de Artesanía cun programa cheo de obradoiros en vivo e experiencias participativas, onde tradición e creatividade se dan a man para achegar os oficios artesáns a todos os públicos.
Que poderás atopar?
Sábado 25 de abril – MARCOS DOMATO LUTHIER (Marcos Domato Fernández)
Obradoiro demostrativo de construción de guitarra clásica, no que se ensamblan diferentes pezas de madeira para dar forma ao instrumento.
Domingo 26 de abril – MIOCO (Miriam Otero Couselo)
Obradoiro participativo de pregado artístico en libro, creando mini corazóns con efecto 3D a partir do papel.
Martes 28 de abril – ARTESANÍA CORMAN (Eugenio Soto Alonso)
Demostración de tallado de cristal con torno eléctrico, un proceso en frío no que non se emprega lume.
Xoves 30 de abril – STUDIO VARIOPINTO (Minia Banet Fraga)
Obradoiro participativo de bordado sobre fotografía, explorando novas formas de intervención artística sobre papel.
Venres 1 de maio – CARLOS SAN CLAUDIO
Obradoiro participativo no que poderás experimentar o torno de oleiro e crear unha peza guiada pola man do ceramista.
Sábado 2 de maio – PEIXESAPOP (María José Martínez)
Obradoiro participativo de estampación pictórica con vexetais, unha proposta creativa e sostible.
E ademais… non faltarán as actividades especiais:
Sábado 25 de abril – 12:00 h
Inauguración oficial da feira coa actuación da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense.
Entrega dos premios ás gañadoras do concurso do cartel da feira.
Horario da feira – De 11:00 h a 14:00 h e de 17:00 h a 21:00 h
Durante toda a feira celebrarase tamén un sorteo diario de pezas artesás, unha oportunidade para levar un anaco único da artesanía galega.


