A nosa asociación xurdiu da man dos nosos propios asociados na procura dunha entidade na que poder apoiarse e que defenda o sector. Unha asociación creada por e para artesáns que constitúen un órgano de representación, defensa e promoción dos mesmos intereses.
Un dos obxectivos principais da nosa Asociación é a divulgación e promoción do sector artesán, dando a coñecer os procesos de creación e aportando valor e diferenciación ás obras dos asociados. Outros obxectivos:
Defensa e promoción en tódolos ámbitos dos intereses dos asociados
Do sector artesanal en xeral, e dos artesáns da Asociación en particular
Protección do prestixio e a autenticidade do labor artesán
Compartir o concepto e valoración da artesanía como obra
Capacitación, evolución, innovación e divulgación de técnicas artesanais
A través de exposicións, feiras e mostras de produtos artesanais