DÍAS EUROPEOS DA ARTESANÍA EN OURENSE 2026

DÍAS EUROPEOS DA ARTESANÍA EN OURENSE 2026

DO 7 AO 12 DE ABRIL

Participa nos nosos obradoiros e demostracións en vivo

Con motivo dos Días Europeos da Artesanía, a Asociación de Artesáns de Ourense (Adao) co apoio de Artesanía de Galicia, organiza obradoiros e demostracións para que poidas acudir a ver ou participar nos oficios artesáns, impartidos por prestixiosos profesionais deste gremio.

As actividades levaranse a cabo en:

Local de Artesáns de Ourense (Rúa Colón, 24)

Arte 3 en Rúa Bernardo Cachamuíña 2 (32004 Ourense)

Olería do Batán en Froufe 32 (32701 Baños de Molgas, Ourense)

Viktória Szabó en Rúa San Martiño 2, 1º A (15155 Fisterra, A Coruña)


Non perdas a oportunidade de achegarte aos oficios tradicionais e aprendelos directamente das mans expertas dos nosos artesáns e artesás.

Consulta todo o calendario aquí e inscríbete directamente



Programación de obradoiros e demostracións

Ao longo de varias xornadas, impartiranse distintos obradoiros e demostracións, onde as persoas asistentes poderán participar no proceso creativo e coñecer de primeira man o traballo dos artesáns.