Servizos da Asociación

GÚSTANOS O QUE FACEMOS

SOMOS ARTESÁNS

ADAO é unha Asociación profesional constituída no 1996 que agrupa artesáns de diferentes oficios. Na nosa artesanía atoparás fermosas pezas de gran calidade. Descobre nesta páxina os artesáns que forman parte dela, así como os seus traballos e pezas únicas.

PENSAMOS NOS ARTESÁNS

SERVIZOS

En cumprimento dos seus obxectivos estatutarios e en colaboración coa Confederación Empresarial de Ourense -entidade na que estamos integrados- ADAO ofrece aos seus membros un amplo abano de servizos, entre os que destacamos:

  • Información puntual sobre a realización de feiras de artesanía.
  • Resolución de consultas no eido laboral, mercantil, fiscal(así como a emisión, etc etc… eso no lo ponía aquí.)
  • Información sobre subvencións, axudas, cursos e calquera outro tema relacionado co sector artesanal que resulte de interese.
  • ADAO é a interlocutora coas distintas administracións e organismos públicos e privados en representación e defensa dos intereses dos seus asociados.
  • Organización anual da Feira de Artesanía de Ourense.
  • Participación na redacción de canta normativa afecte ao sector artesanal, coa emisión de informes e consideracións a proxectos normativos que regulan a artesanía.
  • Xestión de axudas e subvencións para a Asociación, en beneficio do colectivo.
  • Xestión de accións formativas financiadas e promovidas pola administración.
  • Organización de accións de dinamización para promover o sector artesanal.

GÚSTANOS O QUE FACEMOS

ASESORAMENTO

Dentro do equipo de ADAO contamos con asesores para resolver as dúbidas e necesidades dos nosos asociados. No asesoramento destacamos os seguintes aspectos:

  • Xurídico, en calquera rama ou ámbito do dereito (laboral, civil, mercantil)
  • Económico, financeiro e fiscal
  • Asesoramento aos membros da Asociación na súa xestión e tramitación de subvencións e axudas ao sector artesanal
  • Asesoramento na tramitación da carta artesá e o obradoiro