Benvidos á nosa casa, a dos oficios artesáns.
Xogar coa nosa imaxinación, plasmar o noso deseño e traballar coas nosas mans, é a mellor definición do que somos e do que facemos.
Loitamos día a día para crear o noso propio espazo e recoñecemento neste competitivo mercado, pero deixando ben claro que non queremos deixar de ser o que somos: artesáns.
O resultado do noso traballo son pezas únicas, nunca dúas iguais, cheas de beleza, envoltas de cariño e calidade, que tratan de conciliar a tradición dos nosos oficios coas novas tecnoloxías.
Se es artesán, e queres intercambiar coñecementos con nós, asóciate e participa nas nosas actividades e das nosas inquietudes.
Se estás interesado en descubrir e coñecer traballos puros e gratificantes, parabéns porque estás no lugar axeitado. Se estás a navegar pola nosa páxina despois do percorrido quedarás atrapado polo magnetismo e a peculiaridade do noso traballo.
No nome de todos os asociados e no meu propio, desexamos que este punto de encontro nos dea máis forza e sexa un instrumento para estreitar lazos.
Olga Santos Pereira
Presidenta
Dende o 26 de xuño de 2017 a nova Xunta Directiva da Asociación de Artesáns de Ourense queda conformada polos seguintes membros:
Presidenta: Olga Santos Pereira
Secretario: Bernardino Coello Pérez
Tesoureira: Carmen Trinidad Montero Silva
Vogal: Concepción Outeiriño Fernández
Vogal: Pablo Martínez Míguez