PROGRAMA DA FEIRA DE ARTESANÍA 2025

PROGRAMA DA FEIRA DE ARTESANÍA 2025

Celebramos a Feira de Artesanía cun programa cheo de obradoiros e actividades que combinan técnicas tradicionais con enfoques innovadores.

Que poderás atopar?

  • Sábado 26 de abril – LA PARABÓLICA (Julia de la Cal)
    Cestería en estado puro: unha combinación de técnicas tradicionais con cestería intuitiva que convida a experimentar co vimbio desde a creatividade máis libre.
  • Domingo 27 de abril – MIOCO (Miriam Otero Couselo)
    Un libro que se transforma en escultura. Un obradoiro de arte en papel no que a palabra escrita e a forma dialogan en directo.
  • Xoves 1 de maio – STUDIO VARIOPINTO (Minia Banet Fraga)
    Fotografía e bordado únense neste obradoiro único onde fíos e puntos se converten en ferramentas narrativas sobre papel.
  • Venres 2 de maio – MARCOS DOMATO (Marcos Domato Fernández)
    Aprende a construír unha guitarra clásica empregando técnicas tradicionais de traballo da madeira. Un obradoiro para persoas melómanas e amantes dos oficios.
  • Domingo 4 de maio – OLUEIS (Sonia Álvarez)
    As flores tamén se tecen: crea unha cortina ornamental con flores secas e verdes preservados para levar un anaco de natureza á túa casa.

E ademais… non faltarán as actividades especiais:

  • Sábado 26 de abril – 12:00 h
    Inauguración oficial da feira coa actuación da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense.
  • Luns 28 de abril – 19:30 h
    Actuación do Grupo Instrumental e das Escolas de Baile da Coral de Rúa.

Vive a artesanía como nunca, non faltes!