
DÍAS EUROPEOS DA ARTESANÍA EN OURENSE
Participa nos nosos obradoiros e demostracións en vivo
Con motivo dos Días Europeos da Artesanía, convidámoste a participar nunha serie de obradoiros e demostracións en vivo impartidos por artesáns e artesás de referencia. Unha oportunidade única para coñecer e experimentar distintas técnicas, desde a xoiería ata a cerámica, o coiro ou a restauración.
As actividades levaranse a cabo en:
Local de Artesáns de Ourense – Rúa Colón, 24
Obradoiro Arte 3 – Rúa Bernardo Cachamuíña, 2 baixo
Cada obradoiro e demostración está deseñado para resaltar a importancia dos oficios tradicionais e ofrecer ás persoas asistentes a oportunidade de aprender directamente dos profesionais.
Programación de obradoiros e demostracións
Ao longo de varias xornadas, impartiranse distintos obradoiros e demostracións, onde as persoas asistentes poderán participar no proceso creativo e coñecer de primeira man o traballo dos artesáns.
Local de Artesáns de Ourense (Rúa Colón, 24)
- Arte Miyuki – Impartido por María Bergantiño
- 1 e 3 de abril | 10:30 – 13:30 e 17:00 – 20:00
- 6 de abril | 11:00 – 14:00

- Artesanía en coiro – Elaboración de pulseiras e chaveiros – Impartido por Lucía Casado
- 1, 2 e 3 de abril | 11:00 – 14:00 e 17:00 – 20:00

- Xoiería artística – Pátina turquesa sobre cobre – Impartido por Mario López
- 1 de abril | 11:00 – 14:00 e 16:00 – 19:00

- Cerámica artística – Kurinuki – Impartido por Mario López
- 6 de abril | 11:00 – 14:00 e 16:00 – 19:00

- Esmaltado ao lume sobre metais – Impartido por Mario López
- 31 de marzo | 11:00 – 14:00 e 16:00 – 19:00

- Olería tradicional con torno – Impartido por Maricarmen Doval e Miguel Ángel Carrera (Olería do Batán)
- 5 de abril | 10:00 – 13:00 e 16:00 – 19:00

- Cerámica con pranchas – Impartido por Maricarmen Doval e Miguel Ángel Carrera (Olería do Batán)
- 6 de abril | 10:00 – 13:00 e 16:00 – 19:00

Taller Arte 3 (Rúa Bernardo Cachamuíña, 2 baixo)
- Restauración e decoración de mobles – Impartido por Pamen Abella
- 1 de abril | 11:00 – 13:00 e 16:00 – 20:00

- Dourado con pan de ouro – Impartido por Pamen Abella
- 4 de abril | 11:00 – 13:00 e 16:00 – 20:00

Inscrición e contacto
Todos os obradoiros requiren inscrición previa. Para participar, accede ao formulario de inscrición aquí:
Para máis información, podes escribirnos a info@adao.es ou visitar as nosas redes sociais.
Os Días Europeos da Artesanía son unha oportunidade para descubrir, aprender e valorar o traballo artesanal. Convidámoste a formar parte desta experiencia e a coñecer de preto a arte da creación manual.