XXVIII Feira de Artesanía de Ourense

XXVIII Feira de Artesanía de Ourense

Do 26 de abril ao 4 de maio, o Parque de San Lázaro volverá encherse de cor, tradición e talento coa celebración da XXVIII Feira de Artesanía de Ourense.

Un ano máis, a Asociación de Artesáns de Ourense organiza esta cita imprescindible para coñecer de preto os oficios artesáns, mercar produtos feitos a man con mimo e apoiar o traballo de profesionais que manteñen vivas as técnicas e saberes tradicionais.

A feira contará coa participación de artesáns e artesás de Galicia e doutras comunidades autónomas, ofrecendo unha ampla variedade de pezas únicas e de gran calidade.

Detalles do evento:

Lugar: Parque de San Lázaro, Ourense

Datas: Do 26 de abril ao 4 de maio de 2025

Achégate e vive a artesanía en primeira persoa.