PROGRAMA DA FEIRA DE ARTESANÍA 2025
Celebramos a Feira de Artesanía cun programa cheo de obradoiros e actividades que combinan técnicas tradicionais con enfoques innovadores.
Que poderás atopar?
- Sábado 26 de abril – LA PARABÓLICA (Julia de la Cal)
Cestería en estado puro: unha combinación de técnicas tradicionais con cestería intuitiva que convida a experimentar co vimbio desde a creatividade máis libre. - Domingo 27 de abril – MIOCO (Miriam Otero Couselo)
Un libro que se transforma en escultura. Un obradoiro de arte en papel no que a palabra escrita e a forma dialogan en directo. - Xoves 1 de maio – STUDIO VARIOPINTO (Minia Banet Fraga)
Fotografía e bordado únense neste obradoiro único onde fíos e puntos se converten en ferramentas narrativas sobre papel. - Venres 2 de maio – MARCOS DOMATO (Marcos Domato Fernández)
Aprende a construír unha guitarra clásica empregando técnicas tradicionais de traballo da madeira. Un obradoiro para persoas melómanas e amantes dos oficios. - Domingo 4 de maio – OLUEIS (Sonia Álvarez)
As flores tamén se tecen: crea unha cortina ornamental con flores secas e verdes preservados para levar un anaco de natureza á túa casa.
E ademais… non faltarán as actividades especiais:
- Sábado 26 de abril – 12:00 h
Inauguración oficial da feira coa actuación da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense. - Luns 28 de abril – 19:30 h
Actuación do Grupo Instrumental e das Escolas de Baile da Coral de Rúa.
Vive a artesanía como nunca, non faltes!


