GÚSTANOS O QUE FACEMOS

SOMOS ARTESÁNS

ADAO é unha asociación profesional constituída no 1996 que agrupa a artesáns de diferentes oficios. A nosa artesanía dará un sentido especial ao voso fogar con fermosas pezas de gran calidade. Descobre na nosa web todos os artesáns que colaboran con nós, así como os seus traballos e pezas únicas.

Servizos
TODO O QUE PRECISAS

ADAO está formada por artesáns de oficio, profesionais de diversas especialidades que aman o seu traballo e queren dalo a coñecer como parte da historia e da tradición, converténdoa coa súa continuidade en algo de actualidade e innovación.

Asesoramento
ESTAMOS PARA AXUDARTE

Organizamos feiras e outras accións comerciais, proporcionamos información a potenciais clientes e promovemos seminarios ou encontros de carácter profesional. Ademais asesoramos aos nosos asociados sobre trámites, axudas, accións, etc.

Formación
A MELLOR FORMA DE MEDRAR

Os nosos obxectivos son a defensa e promoción das actividades artesanais e todas as súas vertentes, pero moi especialmente nos aspectos de carácter profesional, mellorando na medida do posible, as condicións do exercicio dos oficios artesanais e colaborando no seu progreso 

COÑECE AOS NOSOS ASOCIADOS

ARTESÁNS DE OURENSE

Aquí podes atopar un listado e unha ficha técnica con toda a información sobre os artesáns que pertencen á nosa asociación. Todos eles fan labores únicas e moi diferentes dentro dos eidos do téxtil, a pratería e xoiería, cerámica, coiro, madeira… descóbreos todos AQUÍ 

EDDSC01873
Bicas de Trives
En ALIMENTACIÓN
pablo martinez ADAO 2
Pablo Martínez / musical galega
En OUTROS
EDDSC01367
Polyana
En OUTROS
artesania barreiros ADAO 1
Barreiros Artesanía
En CERÁMICA
ARTESANOS DE OURENSE WEB
Arcoiris
En MADEIRA
f6
Cerámica Ferreira
En CERÁMICA
o2
A. Outeiriño tecido artesán
En TEXTIL
2
A bufarda
En OUTROS

NOVAS E EVENTOS

TODO O QUE NOS RODEA

Estamos rodeados de inspiración e dedicación polos catro costados. Queres estar á última de todos os nosos eventos, noticias e novidades? Aquí poderás atopar toda a información sobre a nosa Asociación e os nosos artesáns.

ENCÓNTRANOS NAS PRINCIPAIS REDES SOCIAIS

SÉGUENOS

Encántanos comunicarnos co mundo! Por iso temos perfís nas principais redes sociais, síguenos, comparte, danos un “like” e estaremos en contacto informándote das últimas novidades, feiras, concursos… , así como información sobre traballos dos nosos artesáns e novas incorporacións.

FACEBOOK

Nosa páxina oficial

INSTAGRAM

#artesandeourense

BLOG

Todo o noso mundo

ESCRÍBENOS

Ponte en contacto conosco