Obxetivos da Asociación

Xuntos no mesmo camiño

Obxectivos comúns

A nosa asociación xurdiu da man dos nosos propios asociados na procura dunha entidade na que poder apoiarse e que defenda o sector. Unha asociación creada por e para artesáns que constitúen un órgano de representación, defensa e promoción dos mesmos intereses.

PROMOCIÓN E DIVULGACIÓN

Un dos obxectivos principais da nosa Asociación é a divulgación e promoción do sector artesán, dando a coñecer os procesos de creación e aportando valor e diferenciación ás obras dos asociados. Outros obxectivos:

REPRESENTACIÓN

Defensa e promoción en tódolos ámbitos dos intereses dos asociados

PROMOCIÓN

Do sector artesanal en xeral, e dos artesáns da Asociación en particular

DEFENSA

Protección do prestixio e a autenticidade do labor artesán

FOMENTO

Compartir o concepto e valoración da artesanía como obra

FORMACIÓN

Capacitación, evolución, innovación e divulgación de técnicas artesanais

DIVULGACIÓN

A través de exposicións, feiras e mostras de produtos artesanais